top of page

app miic2

47682352_1181914191965862_44250473899459

O catálogo da MiiC2 está dispoñible en formato aplicación (app) para móbiles e tablets. A descarga é completamente de balde e unha vez instalada non precisa internet ou datos para utilizala. Con esta app poderás acceder a toda a información das pezas e artistas que participan na MiiC en galego, castelán ou inglés.

​

Creada por Kappowsky S.L., a app MiiC conta, ademais, cun exclusivo sistema de xeolocalización de interiores que cubre toda a área expositiva da Sede Afundación Santiago facendo a visita mais interactiva. Tamén inclúe fotos da exposición, contido multimedia extra e enlaces web dos proxectos e ilustradores.

​

Unha nova ferramenta museística que completa a experiencia da visita na propia sala e que ademais permite coñecer e acceder aos contidos da exposición dende calquera sitio e lugar dunha maneira inmediata e intuitiva.

​

 

​

​

Dispoñible en Android e iOs
​
bottom of page