top of page
Quedamos na Casa! ofrece a oportunidade única de poder visitar e coñecer máis a fondo o edificio de Casa Europa! Unha das xoias arquitectónicas máis singulares da USC, aínda por descubrir pola maioría das xentes de Santiago de Compostela.
A Casa de Europa, antigo chalet de uso familiar construído por Daniel García Vaamonde é un palacete de pedra de arquitectura ecléctica con influencia “caribeña”, tipo indiano. O xardín de inspiración barroca é característico dos pazos galegos.
Actualmente A Casa de Europa funciona como residencia universitaria para profesores doutras universidades e conta cunhas instalacións adaptadas para todo tipo de eventos. A rehabilitación do edificio para o seu uso actual iniciouse no 1999 con Arata Isozaki e César Portela como encargados do Plan Director.
Espazos a intervir artísticamente: Planta 0 (sala de xuntas, capela, sala de lectura, recepción e porche), Planta 1 (galería e habitacións), Planta 3 (habitacións), Exterior (xardín)
O edificio atópase dentro da Finca Vista Alegre, unha finca amurallada de aproximadamente 3 hectáreas e media na que tamén podemos encontrar outros edificios adscritos á USC, como son a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), o Centro de Estudos Avanzados (CEA) e o Museo de Historia Natural Luís Iglesias. Completa o conxunto o edificio da SGAE (Sociedad General de Autores y Editores).
bottom of page