top of page
Quedamos na Casa! é un proxecto que nace coa idea de promover a cultura e o patrimonio da USC. Un proxecto que busca exhibir e dar visibilidade a tódolos departamentos culturais da Universidade de Santiago de Compostela ao mesmo tempo que achega ao público xeral e á comunidade universitaria parte do seu patrimonio menos coñecido. Así, facendo uso dun dos seus edificios máis singulares, a Casa de Europa sita no parque Vista Alegre, terá lugar unha xornada onde o teatro, a danza ou a música tomarán os espazos de dito edificio para transformalo nun escaparate vivo de tódalas actividades e servizos culturais que a USC ofrece aos seus estudantes.
Organiza: Matilde Rodríguez (www.ogatocosmico.com) e Maria del Canto Motrel en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura e a Vicerreitoría de Comunicación da USC | Deseño imaxe: Xouxere (www.xouxere.com)
bottom of page