
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
O catálogo da MiiC está dispoñible en formato aplicación (app) para móbiles e tablets. A descarga é completamente de balde e unha vez instalada non precisa internet ou datos para utilizala. Con esta app podese acceder a toda a información das pezas e artistas que participan na MiiC, con opción de tres idiomas: galego, castelán e inglés.
Creada por Kappowsky S.L., a app MiiC conta, ademais, cun exclusivo sistema de xeolocalización de interiores que cubre toda a área expositiva da mostra, facendo a visita mais interactiva. Tamén inclúe fotos da exposición, contido multimedia extra e enlaces web dos proxectos e ilustradores.
Unha nova ferramenta museística que completa a experiencia da visita na propia sala e que ademais permite coñecer e acceder aos contidos da exposición dende calquera sitio e lugar dunha maneira inmediata e intuitiva.