
MiiC é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia, e unha das poucas das súas características a nivel nacional. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas a través das cales se amosa o que se está a facer dentro da área da ilustración creativa a nivel mundial.
O principal obxectivo da MiiC é darlle valor artístico á ilustración, separando esta das súas facetas máis comúns de traballo: a ilustración de libros infantís e o cómic; dándolle así prioridade á ilustración nacidada dos traballos persoais dos artistas, ofrecendo unha visión global de como esta repercute no deseño creativo global.
Na súa primeira edición, celebrada no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, a mostra centrouse en artistas nados a partires do ano 1950, contando con pezas de ilustradores de gran recoñecemento mundial como Gary Baseman, Arnal Ballester ou Martin Jarrie; e de artistas máis novos que están a despuntar dentro do panorama da ilustración actual (Alberto Vázquez, Sergio Mora, Marina Capdevilla, Cinta Arribas, etc). Expuseronse un total de 21 proxectos individuais e colectivos que englobou a un total de 130 artistas galegos, nacionais e internacionais, dando lugar a unha exposición única e diferente onde o formato das pezas seleccionadas tamén buscou amosar as novas técnicas de creación empregadas, como a serigrafía, a ilustración dixital ou a animación; así como os novos soportes de intervención: figuras de resina, telas, maquetas, etc.
Para esta nova edición a MiiC busca consolidarse como un dos grandes referentes tanto a nivel galego como nacional das novas tendencias que se están a dar dentro da ilustración contemporánea actual. Unha segunda edición que collerá elementos da primeira pero con un catálogo de pezas completamente diferente, ampliando o seu campo de actuación e buscando incidir no carácter único do exposto. Unha cita anual ineludible para os profesionais do sector e para o público en xeral, que se convirta tamén en sinal de identidade da cidade e do espazo que a acolle. Unha mostra que busca ter vida máis aló da propia exposición, empapando á cidadanía nun ambiente de internacionalidade e creatividade a través das actividades que complementan o evento: charlas, conferencias, cursos, performance, proxeccións, etc.
Comisaria:
Matilde Rodríguez
