top of page
  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • correo

Artistas confirmados VI Edición 2022

 

HELEN & SHANNA (GALICIA)

Helen &  Shanna son Oscar Roal, Alberto Brandon, Alex Penido e Carlos Souto, catro persoas que brillan máis cando están xuntas. Nuns tempos onde perdemos moito contacto físico, queren recuperar esa sensación dos inicios sobre o escenario, sendo máis próximos e deixando que flúa toda a súa enerxía en directo. As súas cancións son instantáneas do momento que viven, poñendo de manifesto o poder sanador música e a súa capacidade para transportarte a outros lugares.

Nesta edición do Ukp Day tocarán coa banda ao completo no escenario do Auditorio de Galicia.

MALLOU (GALICIA)

Mallou son King Sabela (The Lákazans) e Benjamín Vázquez, e nace como a  consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: #country, #blues e #soul ata a música #galega. Sabela e Benxamín achegan un repertorio onde entrelazan cancións que  forman parte do ideario musical galego cn creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez #Narf e  sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades. Mallou é tamén a homenaxe ao gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela, de quen toman o nome.

ALONDRA BENTLEY (INGLATERRA)

De nai inglesa e pai español, nacida a principios dos anos 80 en Lancaster, Alondra escribe cancións que transcenden xéneros (pop, folk, rock…) e nacionalidades. Coñeciámola en 2009 co seu disco debut Ashfield Avenue (Absolute  Beginners) e co que se converteu de inmediato nunha das revelacións da música independente española, xirando por toda España e o estranxeiro (actuou en Reino Unido, México, Estados Unidos, Francia e China). Sobre o escenario é unha presenza chea de profundidade, emoción e humor. Agora xa consolidada e con varios discos ás costas, este ano vai sacar un novo álbum 100% en castelán, e do que xa puidemos escoitar a pegadiza "Si Tuviera".

FRAN NIXON (ASTURIAS)

Francisco Nixon de Australian Blonde e La Costa Brava, é un cantante de pop español independente que comezou a súa carreira en solitario no 2006, ano no que lanzou o seu aclamado disco de debut “Es perfecta”, ao que lle seguiron “El perro es mío”(2009); “El problema de los tres cuerpos” (2011) disco en colaboración con Ricardo Vicente e The New Raemon; e “Lo malo que nos pasa” (2015), que serviu de base para a realización, xunto co director David Trueba, do documental “Salir de Casa”. En marzo de 2020 tiña previsto lanzar o seu novo disco. Aprazado pola pandemia, sairá finalmente este ano!

JÚLIO TURQUESA (PORTUGAL)

André Júlio Turquesa presentará, en formato solo, o seu último disco Orgônio, un álbum que consta de 10 temas con música e letra orixinais, e nos que conta coa participación de músicos como Emmy Curl, João Hasselberg ou Ricardo Coelho entre outros. Un disco onde a lingua portuguesa convive co francés e o inglés, con composicións propias e tamén con poemas de Valter Hugo Mãe e Miguel Bonneville.

NELSON QUINTEIRO (GALICIA)

O multifacético Nelson Quinteiro acude ao Ukp Day co seu show "Tabernarios", un proxecto que parte da música de taberna e achégase á esfera do café cantante con aires de rumba, pasodobre, tango, Foxtrot... cun son divertido e sorprendente da man da curiosa vibración do ukelele combinada coa potencia envolvente do #acordeón e o agudo da #gaita.

 

Tabernarios son: Nelson Quinteiro (voz, ukelele, percusión), Alvaro Cardalda (acordeón, voz) e Iago Prieto Castro (gaita).

EMILIO JOSÉ (DJ SET) (GALICIA)

Este ano contaremos con un DJ moi especial! O artista “glocal” Emilio José será o encargado de pechar o festival a golpe de ritmo tropical! 


Emilio José é unha rara avis da música que non deixa a ninguén indiferente. Con vinte anos  botou a andar o grupo de música pop Apeiron, en Ribadavia. O seu primeiro e único disco “Todo sigue intacto” está considerado, hoxe en día, como unha xoia musical, que no seu momento conseguiu unha gran repercusión peninsular. En 2009 debutou en solitario, aos teclados e como vocalista, co álbum “Chorando apréndese”, e co que se converteu nun dos discos revelación en España, ao que hai que sumarlle o álbum dobre “Agricultura Livre”,  e que lle serviu para dar unha ampla xira de concertos por Galicia e España. Este ano, por motivo dos 20 anos de Apeiron, reeditan o seu disco en formato vinilo.

bottom of page