top of page

#miic3

CROMÁTICA é o adxectivo, ou sobrenome, que define á terceira edición da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea. Unha mostra que reflexiona sobre a importancia que ten a cor como elemento esencial da ilustración e o uso artístico que dela fan as creadoras e creadores, poñendo o foco nos seus traballos máis persoais e creativos. Artistas que innovan e experimentan coas múltiples combinacións posibles, e que xogan coa propia maneira de representala. Dende as cores planas máis ligadas ao deseño gráfico, ata a súa representación máis abstracta e pura, pasando pola súa descomposición en figuras xeométricas, a búsqueda de diferentes texturas, ou a través do uso da liña de cor como elemento definidor. Artistas multidisciplinares que traballan coa esencia das belas artes, pero que demostran unha gran versatilidade en formatos e técnicas. A colaxe, o ​gouache​, a serigrafía, a animación, a cerámica ou o tecido, son algúns dos exemplos presentes aquí, destacando especialmente o uso da ilustración dixital, unha técnica que supón un avance sen precedentes á hora de reproducir novas cores e tonalidades.

​

CROMÁTICA afonda tamén nas diferentes interpretacións que lle damos ao propio termo “cor”, xa sexa ligado a unha etnia, a unha estética, a un sentimento ou a unha expresión. Mergullámonos, así, na interpretación ilustrada dun mundo no que as autoras e autores profundan nas súas experiencias vitais e culturais, indagando nos aspectos e emocións que nos definen como individuos dentro dunha colectividade, pero con identidade propia. Retratos, autorretraros, escenas cotiás ou oníricas conforman unha escolma que presta especial atención ao gusto subxectivo do estético e que sitúa no primeiro plano a representación de sentimentos e arquetipos universais coas que todas e todos nos identificamos.

​

​

Comisaria:

Matilde Rodríguez

www.ogatocosmico.com

bottom of page