top of page

Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) inspírase na súa propia experiencia e no contexto que o rodea para crear as súas obras. A súa produción nace da necesidade de articular visualmente as ideas e reflexións que lle asaltan en situacións correntes e aparentemente. Así, partindo do seu entorno persoal, centra os seus experimentos na subversión da fotografía de estudio coa  de superar os seus parámetros tradicionais. As súas obras nútrense da paradoxa derivada de empregar técnicas previsibles e minuciosas en situacións inevitablemente espontáneas e inaprehensibles.

 

 

​Froito desta contradicción xorde “Good Night London”, unha serie de retratos tomados en diferentes clubes de Londres. Situando o interese nun escenario tan adverso como familiar, a serie explora como os entornos artificiais poden funcionar coma un elemento clave na construcción da identidade adolescente. A fotografía convencional do estudio sácase de contexto invadindo un escenario complexo no que a calma e a inspiración son sustituídas polo trasfondo, ruidoso e hostil, do clube.

 

 

Fronte ó obxetivo os modelos improvisan en función de aquelo que eles mesmos deciden mostrar ou omitir, sen que exista mediación nin condicionamento por parte do artista. Dese modo, cada retrato mostra unha realidade dual a medio camiño entre a fabricación do retratado e a involuntaria franqueza das mensaxes contidas na súa apariencia, nos seus xestos e nas súas actitudes.

 

 

“Good Night London” posúe o magnetismo da discordancia, derivada da contradición entre tema e acabado. Coma se dun acto de redención se tratase, as personaxes e o seu entorno quedan suspendidos nun espazo onde o xentío e o rebumbio trocan en silencio e serenidade.

 

 

Texto: Monserrat Pis Marcos.

 

www.jesusmadrinan.com

 

bottom of page