top of page

4ªEdición 2019

 

Intervención artística UKP: Iria Fafián

  • Facebook - Black Circle
  • Twitter - Black Circle
  • Instagram - Negro Círculo
  • correo
fafian_iria.jpg

Iria Fafián estará ilustrando en directo, durante todo o día, un ukelele montable que pasará a formar parte do proxecto colectivo Ukelele Kit project.

 

Aínda que catalana de nacemento, Iria Fafián trasladouse a vivir a Galicia e formou un forte vínculo con esta terra, algo que posteriormente influíu moito na súa obra. Estudou Belas Artes en Pontevedra, Angoulême e Altea, ilustración en Barcelona e gravado na Fundación CIEC (Betanzos). Desde que comezou a súa formación viviu en varios lugares, e cada un deles ofreceulle novos estímulos que lle fixeron evolucionar como artista e ilustradora. Na súa obra persoal sempre está presente a relación do ser humano coa natureza, a desmitificación dos roles clásicos e a filosofía oriental. Desde un punto de vista formal, atráelle a sinxeleza, pero tenta chegar a resultados que lle sorprenden mediante a experimentación gráfica, ás veces deixándose levar pola súa parte máis impulsiva.

​

Ver ukeleles edicións anteriores.

Obradoiros infantís: a partir de 5 anos

probamos-productos-infantiles-ukelele_1_

Obradoiros infantís que van ter lugar durante a xornada do Ukp Day no castelo de Ribadavia o vindeiro 1 DE XUÑO DE 2019.


Horarios e temáticas:

- DE 12:00H A 14:00H: Obradoiro para crear túa mochila festivaleira.

- DE 18:00H A 20:00H: Obradoiro para facer o teu coxín ukeleleiro.

 

Poden inscribirse chamando ao 627 30 94 30 (Rocío) ou escribindo ao seguinte correo: rolaestevezrodriguez4@gmail.com

 

Obradoiros de balde // Prazas limitadas!

Imparte: Estudio Arte.

​

​

Obradoiro: para tódolos públicos

dadamachine.jpg

Obradoiro de experimentación libre que vai ter lugar ás 16:00h no Espazo Creativo. Non fai falta inscrición previa. Para tódolos públicos, infantil e adulto.

​

"Percusso" é un robot baterista que che permite crear sons co entorno circundante. Mediante o uso de motores e electroimáns controlados dixitalmente, calquera obxecto pode transformarse nun instrumento musical.

​

​Séntete libre de axustar ou agregar aparellos!

​

Imparte: Luca Milanesio de Omix.

​

​

Mercado Ukp: deseño, artesanía e moda

20180602_UKPday_12.jpg

Xa temos listo o mercado Ukp Day para esta cuarta edición! Unha selección do mellor da creatividade 100% galega.

​

Creativos que participan este ano:

​

- AR Cerámica

- Iria Prol Ilustración

- Leónlagata

Supervillano

- Enou

- María Viqueira

- La Señorita Pepis

​

​

Prohibido marchar do festival sen levar algo único con vos!

Xantar Ukp: menú

Taller de iniciacón a ukelele en el Ukp Day 2018

No UKP Day contamos cunha zona de xantar onde poder saborear tódalas cousiñas ricas que se ofrecen no festival!

 

Aquí vos deixamos o noso xa característico menú composto de:
 
- polbo á feira
- hamburguesas de tenreira galega
- pizzas feitas ao forno de leña
- sobremesas tradicionais
- crêpes e grófes

 

O avituallamento perfecto para repoñer forzas entre concerto e concerto!

​

​

bottom of page